091120_semicac2Ante a situación de crise enerxética e outros problemas ambientais e sociais relacionados co modelo de “desenvolvemento” actual, debemos identificar e aplicar solucións integrais que nos capaciten, dende xa, para iniciar o cambio cara un modelo de vida máis sustentable e coherente.

Co obxectivo de experimentar e presentar alternativas prácticas para este cambio, o vindeiro 28 e 29 de novembro, o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, acollerá a parte “Accións prácticas para o cambio” incluída dentro do Seminario de cambio climático que deu comezo no mes de outubro.

Estas xornadas tratarán dende a práctica e a experiencia, as alternativas reais para incorporar enerxías renovables nas nosas vivendas ou proxectos, descubrindo como podemos incorporar criterios de bioconstrucción e eficiencia enerxética; fabricaremos sistemas que nos axuden a tratar os restos orgánicos na casa e no piso, e coñeceremos de primeira man experiencias de autoorganización para unha alimentación consciente e propostas para reducir o noso impacto e consumos nos desprazamentos.

Así mesmo, contaremos coa colaboración como poñentes de Faimevi (Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo), Empresa Montaxes Lagoa – enerxías renovables, Asociación Véspera de Nada, grupos de consumo responsable/consciente de Galicia (Zocamiñoca, Eirado, Semente).

O prazo de inscricións ao seminario remata o vindeiro 25 de novembro.

Programa completo e inscricións