O vindeiro luns, 5 de marzo, a ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina debe definir a postura de España en canto á Estratexia de Plásticos da Unión Europea. Diversas entidades ecoloxistas estamos a solicitarlle que apoie seis medidas concretas que pasan pola prohibición e/ou redución do uso do plástico, a implantación de incentivos económicos para fomentar a reutilización e o impulso do ecodeseño.

 

O pasado 16 de xaneiro de 2018, a Comisión Europea fixo pública a EU Strategy on  Plastics in a Circular Economy. Esta estratexia é clave para atallar a problemática provocada pola contaminación do plástico que afecta o noso planeta e, é por iso que Amigos da Terra, xunto a diversas entidades ecoloxistas –GreenpeaceSurfriderRezero e Retorna-, solicitou explicitamente á ministra García Tejerina que impulse de inmediato a redución do uso do plástico aplicando varias das medidas propostas por Bruxelas.

Seis medidas para un futuro con menos plásticos

Nunha carta dirixida á titular do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente, as entidades ecoloxistas instámoslle a apoiar 6 medidas concretas no marco da Estratexia Europea sobre Plástico durante as discusións que terán lugar o próximo 5 de marzo de 2018 no Consello de Medio Ambiente. As medidas son as seguintes:

 

  • Definir medidas e regulamentos para a redución do consumo de produtos de plásticos dun só uso.  No marco da Estratexia a UE expúxose o compromiso de desenvolver durante os próximos meses unha normativa para a redución dos produtos de plástico dun só uso. Resulta urxente promover e apoiar este ambicioso obxectivo, enfocándoo na produción e o consumo, os impostos, as prohibicións e outras medidas relevantes, vinculantes e eficaces para lograr dita meta.
  • Aplicación deincentivos económicos para impulsar a circularidade na produción de plásticos. A responsabilidade ampliada dos produtores (RAP), o sistema de retorno dos envases ou unha eventual tasación aos produtos plásticos, ben deseñados e implantados, poden permitir a creación de incentivos económicos para a prevención da contaminación por plástico, así como o aumento da reutilización e a reciclaxe dos residuos plásticos.
  • Prohibición dos microplásticos e os plásticos oxo-degradables. Apoiar a total prohibición das micropartículas de plástico e materiais oxo-degradables a través do rexistro de avaliación, autorización e restrición de sustancias e preparados químicos Do mesmo xeito, solicítase apoiar accións reguladoras dirixida a outras fontes de microplásticos como a perda de pellets na cadea de produción.
  • Fortalecer os mercados de reutilización e reciclaxeen que os materiais plásticos estean libres de tóxicos. Actualmente os niveis de seguridade fronte á toxicidade dos materiais de plástico reciclados e consecuente exposición incontrolada das persoas aos tóxicos son de baixa calidade. Isto merece unha particular atención nos químicos presentes nos xoguetes infantís, que debería prohibirse radicalmente. Necesítase unha proposta para plásticos libres de tóxicos e cadeas de reutilización e reciclaxe limpas, impulsando así, o compromiso de España cara a unha economía circular real e libre de tóxicos.
  • Modificar os requirimentos necesarios sobre envases e embalaxes de plástico. Os requirimentos que definen as obrigacións establecidas na Directiva relativa a envases e residuos de envases deben ser modificados en razón dunha maior prevención para impulsar as mellores opcións en canto envases e embalaxes. Os comercios a granel e sen embalaxes atopan numerosas dificultades para aliñarse ás obrigacións da Comunidade Europea en canto ás vendas e a loxística.
  • Impulsar novas medidas de ecodeseñopara os produtos de plástico introducidos no mercado. Resulta vital para a prevención, o fomento da reutilización e a reciclabilidade dos produtos e os envases de plástico, a implementación de medidas de ecodiseño, así como a creación de instrumentos como selos ou contratacións sustentables e compras verdes por parte do sector público.

Unha alianza global de 900 ONG para deter ao avance dos plásticos

As organizacións asinantes forman parte do movemento global Break Free From Plastic, que engloba máis de 900 ONG e millóns de cidadáns ao redor do mundo. De forma conxunta, este colectivo en continuo crecemento, expón atallar de forma sistémica os impactos a nivel ambiental, económicos e social da contaminación por plástico.