
A Coordinadora Galega de ONGD, a través da súa Comisión de Comercio Xusto e Consumo Responsable, da que forma parte Amigos da Terra, organiza o vindeiro 31 de outubro o Seminario “Políticas de Compra Pública Ética e Sostible”. Este seminario terá lugar en Santiago, na Casa das Asociacións Veciñáis, Antiga Estación Cornes Conxo, Avda de Vilagarcía nº43.
O prazo para inscribirse remata o vindeiro venres 30 de outubro. As persoas interesadas poden enviar a ficha de inscrición cuberta ao enderezo: sensibilizacion@galiciasolidaria.org.
Para máis información consulta a paxina da Coordinadora Galega