
O día 25 de outubro, Amigos da Terra dalle a benvida ao outono, presentando as “II Xornadas de Micoloxía e Boas Prácticas no Monte” e convidando a todas as persoas amantes da natureza a participar nunha das actividades máis practicadas na nosa Galicia. Contaremos coa colaboración de Martín Souto Souto do Departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e experto en micoloxía.
Será unha xornada onde combinaremos a parte teórica coa saída práctica ao monte para adquirir e afianzar, uns coñecementos básicos e necesarios para disfrutar dunha actividade saudable e evitar moitos perigos por intoxicacións que se producen habitualmente. Tamén nos servirá para recoñecer as setas e os fungos máis atractivos para a nosa gastronomía, e pasar un agradable e satisfatorio día.
O albergue de As Corcerizas estará dispoñible dende o día 24 de outubro para todas as persoas que estean interesados/as en comezar a disfrutar do encanto da serra antes da xornada micolóxica.
Programa:
Contidos das xornadas:
- Información sobre fungos e boas prácticas no monte.
- Recollida e recoñecemento por xénero, especie e hábitat, in situ.
- Realización dunha ficha técnica.
- Exposición dos fungos recollidos.
Non esquezades:
- Guía de campo.
- Navalla.
- Cestiña ou caixa para levar os cogomelos.
- Xantar.
Lugar e Horarios:
- 25 de outubro con inicio da xornada ás 11:00 da mañá.
Inscricións:
- Nº de prazas: 30
- Prezo da xornada micolóxica: 10 €