espinoso01

Amigos da Terra levou a cabo onte no local social da Asociación de Mulleres Rurais de Espiñoso (Cartelle) unha sesión formativa para sensibilizar a poboación rural acerca da problemática asociada aos residuos.

Posto que a materia orgánica supón entre un 40 e un 50% do peso dos residuos sólidos urbanos, expuxéronse as vantaxes de aproveitar a materia orgánica do lixo para poder facer compost como unha solución aos problemas dos residuos.

Por ultimo, realizouse un obradoiro práctico de construción dun vermicompostador.

espinoso02