091119_contaminacionfabricaAmigos da Terra condena os intentos dos países desenvolvidos de reducir as súas obrigas na conferencia da ONU sobre o clima. Asi mesmo, insta ás nacións desenvolvidas a recortar as súas emisións de gases de efecto invernadoiro, e a proporcionar aos países menos desenvolvidos o financiamento público necesario de acordo á información científica e aos principios da Xustiza Climática na conferencia sobre o clima de Nacións Unidas en Bangkok, Thailandia.

Alejandro González, responsable da Área de Cambio Climático de Amigos da Terra España, declarou: “A recente proposta de financiamento para o clima da Comisión Europea move a maior parte dos custos de adaptación e mitigación de países en vías de desenvolvemento a eses mesmo países, e aos fluxos financeiros artificiais do mercado de carbono”.

Nestes intres, os países do Norte teñen unha forte débeda climática cos países do Sur, debido á responsabilidade histórica que teñen os industrializados sobre os efectos do Cambio Climático. A ONG ecoloxista pide a todos os estados membros da Unión Europea rectificar a desacertada proposta de financiamento para alcanzar realmente as obrigas do cumio internacional que proporcione financiamento para as necesidades de adaptación, mitigación e transferencia tecnolóxica destes países, ademais de reducir as súas propias emisións.

Á súa vez, Stephanie Long, de Amigos da Terra Internacional, sinalou que “os países industrializados acumularon unha débeda climática nos últimos 200 anos baseada no uso intensivo de combustibles fósiles para o seu desenvolvemento. Esta débeda climática debe ser restituída para ter algunha posibilidade de evitar un perigoso proceso de cambio climático. Isto quere dicir que aqueles que foron responsables historicamente deben reducir as súas emisións para proporcionar máis recursos aos países do sur para que poidan desenvolver unha economía sostible”.

Long considera que “As propostas da Comisión Europea e a administración norteamericana son completamente improcedentes, con toda a confianza practicamente posta no sector privado como fonte de fondos para loitar contra o cambio climático. Os países ricos deben empezar a subministrar os recursos para reparar o caos ambiental que xeraron. “

Segundo fontes próximas ás delegacións das nacións en desenvolvemento, a paciencia dos países pobres estase a esgotar nas negociacións sobre cambio climático.

Débeda climática