
Hoxe celébrase o Día Mundial das Aves, unha data coa que se pretende acercar estes animais e os seus hábitos aos cidadáns, dando a coñecer as ameazas ás que se enfrontan e as medidas de conservación necesarias para a súa supervivencia, como un primeiro paso para avanzar na conservación medioambiental do noso planeta.
Este ano, a celebración está dedicada á conservación das especies migratorias que viaxan entre África, Oriente Medio e Europa, as cales sufriron unha diminución na súa poboación dun 40%. Estas aves necesitan no seu camiño dun bo número de espazos onde descansar e alimentarse, lugares moitas veces ameazados pola agricultura intensiva en Europa, a deforestación en África ou a caza ilegal. Ademais, non debemos esquecer que España é un país privilexiado por onde cruzan multitude de especies migratorias na súa viaxe ao continente africano.
En todo o mundo realizaranse hoxe multitude de actos, excursións, saídas de campo, observación, xornadas de anelamento, para disfrutar prismático en mano do contacto directo coas aves.