Amigos da Terra participa no programa Galeuropa , que é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, como entidade sen animo de lucro beneficiaria dunha axuda no que poderán participar 12 mozos e mozas menores de 30 anos para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de Chipre, Italia e Portugal.

Os obxectivos xerais deste proxecto son:

– incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade

– complementar a competencia profesional e persoal

– adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos

– fomentar a autonomía persoal

Duración das prácticas formativas: 3 meses consecutivos. Dende 1 de Setembro e rematando en todo caso o 30 de novembro. Mínimo de 100 horas mensuais.

A Dirección Xeral de Xuventude financia os gastos de viaxe e transporte, aloxamento, e manutención deixando unha partida tamén para a formación na lingua nativa do pais que se visita.

Requisitos

As persoas destinatarias das mobilidades debe­rán cumprir os requisitos esixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil, coma o de estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para incribirte coa nosa entidade podedes cubrir o seguinte formulario >>>

 

ULTIMAS PRAZAS LIBRES:  Portugal  1 praza en Lisboa,   

Italia  (Completo),  Chipre  (Completo)

 

Máis información  en:  info@amigasdaterra.net    galeuropa@amigasdaterra.net  ou no número de teléfono 988374318