‘AS BOLSAS DE PLÁSTICO SON DO PASADO’
Taller de ‘Bees Wrap’ – O teu novo elemento favorito da cociña
O 3 de xullo queremos concienciar e motivar á xente da cidade para cambiar as bolsas de plástico por bolsas reutilizables e substituír o plástico por outros elementos reciclables. Se tes, trae uns anacos de tea (algodón) ao noso taller e podemos facer xuntos un ‘Bees Wrap’ de cociña. Non sabes o que é? Ven a descubrilo!
O ‘Mundo Libre de Bolsas de Plástico’ é unha iniciativa global que ten o obxectivo de eliminar o uso das bolsas dun só uso no Mundo. O 3 de Xullo é o día sen bolsas e todos as organizacións ecoloxistas mobilizámonos para mellorar a situación do noso planeta e sensibilizar os efectos deste hábito ten nel. Queremos motivar a xente coma ti a eliminar as bolsas da súa vida e a atopar novas alternativas.
Cando? 3 de Xullo, 2017 – 19.30 – 21.30
Onde? O Moucho – Rúa da Concordia, 17, 32003 Ourense


Leave A Comment