Despois de 350 días sen mesa da mobilidade en Ourense convocada polo goberno municipal, Amigos da Terra recupera 5 propostas concretas 100% vixentes para frear os atropelos co obxectivo común de pacificar o tráfico para humanizar a cidade.
-
Crear unha ampla rede de pasos elevados nos pasos de peóns que obriguen obxectivamente aos vehículos a respectar o límite de velocidade e a prestar atención.
-
Campañas de advertencias (primeiro) e sancións aos condutores reincidentes irresponsables que están detrás de maneira directa ou indirecta da perigosidade das rúas: Vehículos mal aparcados que obrigan a manobras a outros vehículos, impiden a visibilidade ou vehículos que circular de forma imprudente e/ou sen respectar os límites de velocidade.
-
Rede de novos pasos de peóns que faciliten a mobilidade peonil prestando especialmente atención as rotondas e espazo que xeran unha gran fractura nos barrios e obrigan aos peóns a longas camiñatas até o paso de peóns. Especial atención aos seguintes:
-
Rotonda de Curros Enriquez.
-
Inmediacións do Pavillón dos Remedios e da Ponte do Milenio
-
Cruce: Emilia Pardo Bazán e Rúa Granxa.
-
Rotonda de Mariñamansa.
-
Campaña de educación enfocada en aquelas persoas que poñen en perigo ao resto, ousexa, condutoras-es.
-
Integración da bicicleta na cidade como medio de transporte amable e seguro. Integrada no tráfico nas rúas centrais de velocidade limitada e a través de carrís bici nas vías de alta capacidade.
-
Plan de peonalizacións comezando polas rúas Bonhomía e Ramón Cabanillas e incorporando nas novas invervencións viarias os criterios de pacificación do tráfico dando prioridade a peonalización.
Instamos ao goberno municipal que xa que non quere convocar a mesa da mobilidade faga algo para frear os atropelos que veñen sendo unha lacra desta cidade.
Víctor Barro, representante da organización na mesa da mobilidade dixo << o goberno local debe amosar decisión e vontade política de poñer fin a esta problemática e comprometerse coa seguridade vial en Ourense impulsando a pacificación do tráfico como obxectivo número un para facer de Ourense unha cidade máis segura e habitable >>.