300709_obradoiro_cestos_auria

Amigos da Terra levou a cabo onte no Centro de Formación AURIA de Ourense, a parte práctica do módulo de “Sensibilización sobre a Problemática dos Residuos”, unha das partes das que consta o “Curso de Monitores Ambientais” que se está impartindo neste centro e co que se pretende formar a un grupo de mozos/as neste ámbito.

Este módulo teórico- práctico que está a impartirAmigos da Terra estrutúrase en tres partes: primeiramente realizase unha análise colectiva do problema, e a continuación elabóranse propostas de solucións e unha búsqueda de alternativas. O día de onte estivo dedicado a dotar aos monitores de recursos prácticos a través de diferentes obradoiros con residuos. Neste caso, traballamos a redución e a reciclaxe de problemáticos e abundantes residuos  como o aluminio, papel, plástico e o tetra brick.

30709_cestos_papel

Os monitores quedaron asombrados da cantidade de cousas útiles que poden facerse con residuos cotiáns e con máis o menos maña fixeron dende un cinceiro cunha lata de refresco ata unha cesta con papeis de periódico.

30709_pendientes_lata

O curso finaliza o vindeiro mes de setembro, cun mes de voluntariado en Amigos da Terra participando nos diferentes proxectos que se están levando a cabo na área de residuos, tales como a campaña “Zona libre de bolsas”, a compostaxe doméstica en fogares ou outras campañas de sensibilización sobre redución.