O libro, que se publicará o próximo 4 de setembro, contén 128 páxinas a todo cor sen palabras nas que se mostra a historia do mundo. Foi ilustrado polo debuxante Polyp e co-producido por Amigos da Terra Internacional e New Internationalist.
”Sin Palabras” envía unha mensaxe simple: que “as inxustizas económicas e ambientais que nos rodean son tan flagrantes e indignantes que non se necesitan palabras para describilas”, dixo o debuxante británico Polyp.
“Sin Palabras” invita ao lector a ver a historia do noso mundo a través da mirada dos personaxes que viven nesta versión en miniatura do planeta, nunha viaxe desde a idade de pedra á actualidade, e cara a un futuro onde se anima aos propios lectores a participar na súa creación… Un libro adicional dentro do libro conta unha historia similar nunha parábola de 16 imaxes.
”Cando vemos o mundo como realmente é, a nosa perspectiva cambia. O libro ofrécenos unha visión do mundo cara ao pasado que deixará aos lectores sen palabras e converterá a moitos en activistas polo cambio. Co mundo en crise, é un bo momento para deterse, sen palabras, pero sendo activo”, dixo o Presidente de Amigos da Terra Internacional, Nnimmo Bassey.
Os xornalistas acreditados que desexen escribir unha crítica da novela gráfica, poden solicitar unha copia de obsequio. Trátase dunha obra incisiva e ambiciosa con ilustracións máxicas, que resume a historia do mundo desde o Big Bang ata o Caos Climático nunha historia gráfica totalmente libre de palabras.
“Sin Palabras” está impreso en papel 100% reciclado.
Os xornalistas acreditados que desexen escribir unha crítica do libro para o seu medio de comunicación deben enviar un correo electrónico a mediafoei.org para solicitar oficialmente unha copia de obsequio de “Sin Palabras”. Hai unha cantidade limitada de copias de obsequio.