Amigos da Terra celebra que a Comisión de Cambio Climático do Congreso aprobase de forma unánime o fin das bolsas dun só uso para 2017. Con todo consideramos necesario reservar as bolsas biodegradables para a recollida de residuos orgánicos, e que non se convertan na alternativa única ás bolsas de plástico.
Coa posta en marcha desta medida, o Estado español cumpriría a lexislación europea que contempla tomar medidas antes de finais de 2017.
Prohibir as bolsas dun só uso é un gran paso, pero non debe ser o último
Esta proposta insta o Goberno a prohibir o uso, comercialización, importación e exportación de bolsas de plástico non biodegradable ou bolsas dun só uso. Amigos da Terra ve con bos ollos a iniciativa, con todo consideramos necesario que a principal opción sexan opcións reutilizables e duradeiras, como bolsas de tea, carriños e outras alternativas.
As bolsas biodegradables dun só uso seguen promovendo un modelo de “usar e tirar”, no que non se valoran os materiais cos que se fabrican as bolsas, que, nun período moi breve, acaban transformados en lixo. Ademais, mesturadas co plástico tradicional, dificultan os procesos de reciclaxe do mesmo. As bolsas biodegradables, só serían válidas para a recollida de residuos orgánicos e a súa compostaxe posterior.
Alegrámonos da noticia. Levamos anos reclamando a prohibición destas bolsas polo problema de contaminación que supoñen tanto na extracción do petróleo para a súa fabricación, como na súa xestión posterior como residuos; na maioría dos casos terminan en vertedoiros, incineradoras ou abandonadas a contorna, tardando centos de anos en degradarse.
Máis limitacións ao plástico, aínda que insuficientes
De igual xeito, acordaron tamén que de maneira obrigatoria os pratos, vasos, cuncas e cubertos plásticos, así como os bastonciños de algodón, estean fabricados nun 50% con sustancias biodegradables. Ante esta proposta, Amigos da Terra reclama ao Goberno a prohibición total dos mesmos.
A única solución posible aos produtos dun só uso, con custos ambientais, económicos e sociais, tanto na súa extracción como na súa xestión, é optar por materiais duradeiros para a súa fabricación que permitan á cidadanía usalos de forma prolongada.