Faladoiro sobre obsolescencia e eletrónica ética

Cargando eventos

Amigos da Terra estará na Feira de Sustentabilidade que organiza a OMA da Universidade de A Coruña na Facultade de Dereito.

No faladoiro, María Fernández, de Amigos da Terra, achegaranos ao fenómeno da obsolescencia programada así como as súas implicacións sociais e ambientais no uso dos recursos naturais no norte e no sur. Así mesmo, tamén se mostrará a vinculación da obsolescencia ca redución, reutilización e a reciclaxe de residuos. Por outra banda, Pepe Vara, de Enxeñería sen Fronteiras, comentarannos de como afecta este concepto aos aparellos eléctricos e se realmente é posible falar de electrónica ética.

Durante a charla proxectaranse dous cortos, “Longa vida á materia” onde se explica dun xeito breve e didáctico o proxecto Alargascencia dende o punto de vista dun dos establecementos que participa. E por outro lado tamén se mostrará un corto de animación sobre electrónica ética.

Leave A Comment

Go to Top