Durante o últimos sete anos Composta en Rede organizou cinco seminarios nos que se deron a coñecer diversas experiencias exitosas de compostaxe a todos os niveis de complexidade.
Ademais de achegarnos a distintos temas foise profundando en distintos aspectos da compostaxe doméstica e comunitaria.  Neste sexto seminario pretendemos centrarnos nos seguintes temas:

– Experiencias integrais de xestión de residuos orgánicos a través da compostaxe.
-A pegada de carbono que producen os residuos orgánicos ao viaxar.
– Avances na investigación do os procesos e proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria.

Lugar: Pazo da Cultura do concello de Pontevedra, Rúa Alexandre Bóveda s/n, 36005 Pontevedra

Datas: 20 e 21 de outubro

Destinatarios/as: Responsables e técnicos/as de entidades locais, asociacións ou empresas ligadas á compostaxe doméstica e comunitaria. Estudantes.

Inscrición: De balde. Prazas limitadas ao aforo do salón de actos e do autobús nas visitas técnicas.
Imprescindíble inscribirse: Formulario de inscrición

Poderase reservar o xantar para o día 20 e o custo será de 15€+IVE que haberá que abonar ao longo da mañá na secretaría do seminario.

 bannergrandepontevedra

Programa

Xoves 20 de outubro
9.00 Entrega da documentación e acollida.
9.10 Presentación e apertura do seminario
Palestras marco
10.00 Ana Rodríguez Cruz. (MAGRAMA).Os biorresiduos noPlan Estatal Marco de Gestión de Residuos (PEMAR).
10.20 Bernardo Varela López (Concello de Allariz) Presentación do proxecto de Allariz.
10.40 Carlos Pérez (Deputación de Pontevedra). Presentación dos proxectos da Deputación de Pontevedra.
11.20 Debate
11.40 Descanso
Experiencias exitosas da compostaxe comunitaria (Mesa redonda)
12.00 Ramón Plana (Mestre composteiro)Agrocompostaxedescentralizada de biorresiduos- A experiencia austríaca.
12.40 Alfonso Amorena (Mancomunidad de la Comarca de Pamplona) 10 anos de compostaxe domestica e comunitaria da Comarca de Pamplona.
13.20 Mattin Aldaia (Concello de Hernani) A compostaxe enHernani.
13.45 Debate
14.30 Descanso-Xantar
Proxectos innovadores
16.00 Ramón Linaza (Concello de Madrid) Proxecto Agrocomposta.
16.20 Javier Vázquez (Concello de Santiago de Compostela).Compostaxe comunitaria “gamificado”
16.40 Secundino García (Concello de San Sadurniño) Porta a porta rural de San Sadurniño.
17.00 María Durán (Amigos da Terra) e Margarita López (Universidade Politécnica de  Cataluña) Recollida selectiva e compostaxe: Comparativa dos modelos.
17.20 María Rodríguez Lafuente (ADEGA). A educación ambiental nos proxectos de compostaxe.
17.40 Debate
18.00 Descanso
18.20 Sergio Quiroga (Ecocelta) Experiencia ECOCELTA
18.40 Joseba Arizmendiarrieta (LUAR Ingurumena Environmental Consultancy).
Dispositivo de descarga de restos orgánicos domiciliarios.
19.00 Francesco Storino (UPNA) Implementación dunha ferramenta para a divulgación do uso do compost procedente de áreas de compostaxe comunitaria.
19.20 Debate
19.30 Despedida e peche do seminario
Venres 21 de outubro
Visitas técnicas:
– Proxecto da Deputación de Pontevedra
– Proxecto de Allariz