Hoxe 5 de outubro, lanzamos a campaña #DoylaLata co fin de mostrar un dos problemas máis habituais na xestión de residuos. Ao longo destas semanas, os grupos locais da organización estamos a realizar recollidas para visibilizar o abandono de residuos. A campaña tamén terá eco nas redes sociais a través dunha foto-acción, na que convidamos á cidadanía a participar para visibilizar este problema en diferentes zonas da nosa xeografía.
A xeración inxente de residuos e o seu tratamento posterior é unha das problemáticas comúns en todos os municipios españois. O 67% de todos os residuos municipais van parar aos 149 vertedoiros ou ás 10 incineradoras repartidos polo Estado [1]. Atopar solucións eficaces para cada tipo de residuo é un dos retos pendentes das comunidades autónomas.
As recollidas de residuos reivindicativas organizadas por Amigos da Terra ata a data, puxeron de relevo que máis da metade dos residuos abandonados en rúas e espazos naturais son latas e botellas. Por este motivo, a asociación ecoloxista centra a súa campaña de residuos precisamente nestes envases de bebidas. As seguintes recollidas terán lugar en Aragón, Galicia, Eivissa, Madrid e A Rioxa durante as próximas semanas; sendo este fin de semana, cando terá lugar o pistoletazo de saída da campaña.
En total, os españois consumimos 51 millóns de latas e botellas ao día, 18.000 millóns ao ano [2]. Con todo, coa xestión actual só se recuperan 3 envases de cada 10 [3]. A cantidade de materiais que se desperdician e abandonan e, á súa vez, o diñeiro público investido para a súa limpeza é un custo moi alto para a cidadanía e o medio ambiente. A posta en marcha de solucións como o sistema de retorno de envases, cuxo obxectivo é recuperar os envases a través de dotar de valor económico ao propio envase, é un sistema que conta con porcentaxes de reciclaxe moi altos; é o caso de Alemaña cunha reciclaxe do 98%.
Nestes momentos, a Comunidade Valenciana, Cataluña e Baleares están a exporse a incorporación desta solución á xestión de residuos, un sistema complementario ao actual do colector amarelo, que permitiría incrementar a reciclaxe de residuos, sen custo extra para a cidadanía.
Amigos da Terra leva anos apoiando medidas eficaces para mellorar a xestión de residuos. Para dar a coñecer a problemática e a súa solución e facer partícipe á cidadanía das mesmas, a organización decidiu lanzar unha foto-acción, baixo o hashtag #DoylaLata, que contribúa a reclamar medidas eficaces para un problema común a toda cidadanía. “Dou a lata” é unha chamada á acción colectiva para reivindicar unha solución eficaz como o sistema de retorno de envases.
Recollidas:
- Galicia: Pontevedra (10 de outubro) e Ourense (22 de outubro)
- La Rioja: 8 e 12 de outubro
- Aragón: Zaragoza (12 de outubro)
- Madrid: Tres Cantos (9 de outubro) e Villalba (15 de outubro)
Notas:
[1] Eurostat, informe un Yacimiento en la Basura: http://www.tierra.org/un-yacimiento-en-la-basura/
[2] Datos de elaboración propia extraídos de Ecoembes 2012, Ecovidrio 2012, INE e Canadean.
[3] Estudio económico 2014: Implantación de un sistema de retorno de envases en Cataluña. http://www.retorna.org/es/Estudios/municipios.html
Hola. A FRANCISCANAS nos interesaría mucho participar en este Proyecto.
Gracias