A semana da mobilidade é o mellor momento para un anuncio destas características e o goberno municipal debe durante esta semana demostrar que se toma en serio as cuestións de mobilidade na cidade de Ourense. Que lle preocupa a seguridade viaria e a calidade de vida en termos de ruído, contaminación e atropelos.
Sendo conscientes de que é un órgano consultivo, este debe ser unha ferramenta útil a cidadanía, que poida aportar iniciativas e datos que leven a mellora da mobilidade pola cidade, tanto a pé coma en calquer tipo de vehículo. Para iso, pensamos que a actual mesa de mobilidade debe de converterse nun consello municipal da mobilidade. É imprescindible tomar acta, que as decisións alí tomadas sexan tidas en conta e sexan vinculantes, conte polo tanto cun orzamento e prazos de execución.
Por iso solicitamos que se constitúa como Consello Municipal da Mobilidade.
O venres 23 de setembro ás 13.30h presentaremos no rexistro do concello a solicitude formal para a constitución de dito CONSELLO MUNICIPAL DA MOBILIDADE.
Igualmente, pensamos que esta é a mellor forma na que o goberno municipal pode amosar a súa intención de cumprir co traballado na actual mesa de mobilidade coma pode ser comprometéndose a:
-
Aumentar as zonas peonís, tanto no centro como nos barrios.
- Facilitar “ser peón” en Ourense mellorando a accesibilidade tanto a nivel peonil coma de transporte público, e implantando unha ampla rede de pasos elevados, mellorar a súa visualización así como apostar polos camiños escolares.
- Integrar a bicicleta na cidade. Mellorar as liñas e a flota de transporte público de forma que se incentive o uso do transporte público fronte o privado. Definir aparcamentos disuasorios fora do centro.
-
Enfrontar a inaceptable cifra de atropelos adoptando medidas coercitivas que pacifiquen o tráfico e impidan situacións de risco producidas principalmente polos vehículos privados.
- Integrar nas novas infraestruturas todas estas políticas e o cumprimento da lexislación en materia de accesibilidade existente.
Solicitamos polo tanto ao goberno municipal que non deixe pasar unha semana da mobilidade máis.
Asinan
Amigos da Terra
STOP ACCIDENTES
Discafis-Cogami (Federación de asociacións de persoas con discapacidade de Ourense)
ANPA “Os Rosais” do CEIP Amado Rodríguez Barroso
Masa Critica
Limiar (Federación de Asociacións de Veciños-as de Ourense)