Amigos da Terra presenta o  Curso práctico de Bioconstrución e Autoconstrución en As Corcerizas, equipamento pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e aplicación da arquitectura bioclimática como exemplo que demostra a súa realidade.

 

Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas sobre o terreo, experimentando diferentes técnicas e posibilidades utilizadas na Bioconstrución. Contaremos coa colaboración e experiencia da REDE DE PERMACULTURA IBÉRICA NODO NOROESTE.

Datas: 20-23 de agosto 2009. O día 20 dará comezo ás 16.00h. e o 23 rematará ás 17.30h.

Duración:
30 horas. Diploma de asistencia

Prezo: 135 € para socios/as e 150 € para o resto de participantes (inclúe aloxamento e alimentación ecolóxica local e comercio xusto, na súa maioría).

O curso proporciona coñecementos, formación específica e ferramentas didácticas para a identificación e aplicación de solucións integrais que conduzan cara novos modelos de desenvolvemento que minimicen o impacto ambiental, social e sobre a saúde humana.

Obxectivos:

*      Avaliar o impacto ecolóxico da construción: a pegada ecolóxica
*      Coñecer e aplicar diferentes técnicas e materiais de bioconstrución e arquitectura bioclimática, demostrando os grandes avances acadados para unha costrución sostible.
*      Capacitar na toma de decisións, en cada caso, sobre o material máis razoable, ecolóxico e sostible

Contidos:

*      Arquitectura Bioclimática
*      Eficiencia enerxética e enerxías alternativas
*      Análise do ciclo de vida dos materiais. Criterios de selección
*      Planeamento e marco lexislativo
*      Deseño, Permacultura

Metodoloxía:

Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas sobre o terreo, experimentando diferentes técnicas e posibilidades utilizadas na Bioconstrución.

Destinatarios/as:

Este curso está especialmente dirixido a estudantes e profesionais de arquitectura, inxeñería, urbanismo, xestión do territorio, calidade ambiental; asociacións, técnicos/as ambientais da administración publica ou entidades privadas e en xeral a calquera cidadán/á interesado/a na autoconstrución e o fomento da arquitectura sostible.

Inscrición: o plazo de inscrición da comezo o 3 de xullo e remata o 7 de agosto. Para facer a túa reserva, cubre a ficha e porémonos en contacto contigo. O número de plazas está limitado a 30 persoas. Os criterios de selección basearanse na orde de inscricións e as motivacións e espectativas.