Amigos da Terra xunto co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e Voz Natura vai a levar a cabo, por noveno ano consecutivo na cidade de Ourense, a campaña: “Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore”, que acadou o ano pasado unha participación de 280 persoas.
A idea desta iniciativa xurdiu no ano 2000 froito de dúas grandes preocupacións que vivimos na actualidade, os incendios forestais e a necesidade de doazóns de sangue para os hospitais.
Como todos/as sabemos, os incendios forestais están a aumentar dun modo alarmante nos meses de verán, e dunha forma moi destacada en Galicia. Os incendios forestais son causa de graves prexuízos ecolóxicos, sociais e económicos.
Por outro lado, os índices de doazóns de sangue baixan de maneira desproporcionada, paradóxicamente na época na que fai máis falta debido ao aumento do número de accidentes, o Nadal, Semana Santa e os meses de verán.
Ao longo da campaña infórmase da necesidade real de facer unha doazón de sangue sobre todo se perténcese ó grupo 0 negativo (doador universal) así como de concienciar sobre outra necesidade urxente, a conservación dos nosos montes.

A unidade móbil estará presente nos seguintes lugares da cidade de Ourense:
Luns, 6 de xullo: Rúa do Paseo 37, diante da “IBENSE”. Horario: 15.30 a 21.00 horas
Martes, 7 de xullo: Rúa do Paseo 37, diante da “IBENSE”. Horario: 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 2.00 horas
Mercores, 8 de xullo: Rúa Vilarreal 6, ao caron do colexio Santo Ángel. Barrio do Couto. Horario: 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas.
Xoves, 9 de xullo: Rúa da Coruña, esquina Rúa do Progreso. Barrio do Posío. Horario: 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas.
Venres 10 de xullo: Rúa Nicomedes Pastor Díaz esquina Rúa Fernández Alonso, na rotonda. Barrio de A Carballeira. Horario: 15.30 a 21.00 horas.
Nesta campaña colaboran tamén con nós: Supermercados Eroski e a Cooperativa Braña.
Ti tamén podes colaborar a través de Amigos da Terra, achegándote á asociación para inscribirte como voluntario/a na campaña. O noso obxectivo será o de dar información a pé de rúa aos cidadáns sobre dita campaña.
Todas as persoas que desexen participar como voluntarias nesta campaña, poden poñerse en contacto con nós:
Amigos da Terra
Telf: 988 374 318
voluntariado.galicia@amigasdaterra.net