
Este luns queremos convidarvos a participar nunha nova actividade da Plataforma Cidadá de Ourense NON ao TTIP, da que Amigos da Terra forma parte.
Neste caso, e contando coa inestimable axuda de persoas do mundo do teatro de Ourense, realizarase ás 19:45 unha performance-acción de rúa, na rúa do Paseo de Ourense.
Esta acción, composta por tres pezas teatrais diferenciadas e enlazadas, busca sensibilizar sobre diferentes aspectos do tratado, desde o escurantismo no que se está a negociar ata a industrialización do noso sistema agroalimentario ou a perda de soberanía por parte os estados e da propia cidadanía.

Leave A Comment