Organizada por Amigos do Larouco e coa colaboración de Amigos da Terra, Plataforma “Rios Limpos” e “Non mais lumes no concello de Cualedro”, o domingo, día 15 de maio, terá lugar unha andaina ata o Banco da esperanza, na Serra do Larouco, un punto que foi asolado o ano pasado en toda a súa contorna por un voraz incendio forestal e que se está a tratar de recuperar para que poida novamente ofrecer as fermosas vistas verdes da serra.

160521 serra larouco5As saídas da andaina terán lugar nos seguintes horarios:

  • 09.45. A Chaira – A Xironda, Cualedro. (9 km)
  • 11.00. Niñodaguia, Baltar. (6 km)
  • 12.00. Lucenza, Cualedro. (1,5 km)

A hora de encontro é ás 12.30 horas, no banco da esperanza, onde levarase a cabo un acto en defensa da nosa cultura, con motivo do Día das Letras Galegas, e do noso monte, haberá poesía, música, maxia…. con lectura de poemas galegos e portugueses para reverdecer a serra.

Ase mesmo plantaranse catro árbores: carballo, abidueira, ameneiro e salgueiro. Son as catro árbores que aparecen nas poesías de Manuel María, o poeta a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

160521 serra larouco25