O vindeiro 9 de maio o mundo vai espertar ao ritmo dos tambores do Día Mundial do Comercio Xusto 2009, coa iniciativa da World Fair Trade Organization (WFTO) – Organización Mundial do Comercio Xusto- á que se suma a Coordinadora Estatal de Comercio Xusto (CECJ) co apoio da Axencia Española de Cooperación Internacional e Desenvolvemento (AECID), e tamén a Coordinadora Galega de ONGD a través da Comisión de Comercio Xusto.

A Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega integrada por A Cova da Terra, Amigos da Terra, Axuda en Acción, Intermón Oxfam, Panxea, Solidariedade Internacional de Galicia e Taller de Solidariedade, organizan actividades en 7 cidades galegas. 

O 9 DE MAIO en A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, petarase contra a pobreza, a crise financeira e o cambio climático a ritmo de tambores, nesta ocasión o lema é “Big Bang!! Faite oír polo Comercio Xusto”.   

Dende as organizacións convocantes, esténdese unha invitación a todas as organizacións, medios de comunicación e cidadás/cidadáns que queiran adherirse a esta campaña no Día Mundial do Comercio Xusto.

Programa 9 de Maio para Galicia

A Coruña
Lugar: Obelisco
Horario: 12:00 a 20:00 horas
ONGD participantes: Intermón Oxfam e Solidariedade Internacional e Axuda en Acción
Actividades programadas:
Venta e exposición de produtos de Comercio Xusto.
Taller de Reciclaxe para nenos e nenas
Talleres de Globoflexia
Degustación con produtos de Comercio Xusto elaborados pola Escola de Hostalería San Javier.

Ferrol
Lugar: Praza de Armas
Horario: 12:00 a 20:00 horas
ONGD participantes: Solidariedade Internacional e Axuda en Acción
Actividades programadas:
Venta e exposición de produtos de Comercio Xusto.
Taller de Reciclaxe para nenos e nenas
Talleres de Globoflexia e pintura de caras
Degustación con produtos de Comercio Xusto elaborados pola Escola Superior de Hostalería
Contacontos

Ourense
Lugar: Rúa do Paseo
Horario: 12:00 a 20:00 horas
ONGD participantes: Solidariedade Internacional e Taller de Solidariedade
Actividades programadas:
Venta e exposición de produtos de Comercio Xusto.
Taller de Reciclaxe para nenos e nenas
Talleres de Globoflexia e pintura de caras
Degustación con produtos de Comercio Xusto elaborados pola Escola Superior de Hostalería
Contacontos

Lugo:
Actividades dende o 23 de abril ao 9 de maio
ONGD participantes: A Cova da Terra, Taller de Solidariedade e Solidariedade Internacional.
Actividades programadas:
23 de abril Conferencia Gustavo Duch “Soberanía alimentaria”.
28 de abril Conferencia da Responsable da Cooperativa  El Rosal de Ecuador
29 de Abril Conferencia Montse Peirón “Consumo responsable” en colaboración coa rede de consumo consciente
30 de Abril Grupo teatro libre Guinea Bissau “O Sida en África” en colaboración con Asemblea de Cooperación pola Paz
5 de Maio  Experiencias de unha cooperante en Bolivia.
7 de Maio  Cinefórum “Nosotros alimentamos al mundo”
8 de Maio   “CAMBIANDO a bolsa axudas a cambiar o Mundo” Mesa informativa para cambiar bolsas de plástico por bolsas reutilizables de Comercio Xusto

9 de maio.
Lugar: Praza Maior
Horario: 12:00 a 20:00 horas
Actividades:
Venda, exposición e degustación de produtos de Comercio Xusto.
Panel de comentarios sobre Comercio Xusto onde as persoas irán escribindo as súas reflexións.  
Talleres de debuxo infantil sobre conceptos coma comercio xusto, consumo responsable…
Taller de pintura de caras.
Música étnica e de compromiso social.

Pontevedra
Lugar: Praza da Peregrina
Horario: 12:00 a 20:00 horas
ONGD participantes: Solidariedade Internacional e Axuda en Acción
Actividades programadas:
Venta e exposición de produtos de Comercio Xusto.
Taller de Reciclaxe para nenos e nenas
Talleres de Globoflexia e pintura de caras
Degustación con produtos de Comercio Xusto elaborados pola Escola Superior de Hostalería
Contacontos

Santiago
Lugar: Praza de Cervantes
Horario: 12:00 a 20:00 horas
ONGD participantes: Solidariedade Internacional, Axuda en Acción, Amigos da Terra, Panxea e Intermón Oxfam
Actividades programadas:
Venta e exposición de produtos de Comercio Xusto.
Obradoiros de: Test da pegada ecolóxica, mapa do mundo con etiquetas de roupa e globoflexia.  
Degustación con produtos de Comercio Xusto elaborados pola Escola Superior de Hostalería
Contacontos

Vigo:
Lugar: Praza América, praza do emigrante
Horario: 12:00 a 20:00 horas
ONGD participantes: Solidariedade Internacional, Intermón Oxfam, Taller de Solidariedade e Amigos da Terra.
Actividades programadas:
Venta e exposición de produtos de Comercio Xusto.
Test da pegada ecolóxica e mapa do mundo con etiquetas de roupa.
Talleres de Globoflexia e pintura de caras
Degustación con produtos de Comercio Xusto elaborados pola Escola Superior de Hostalería
Contacontos