O Concello de O Grove e Amigos da Terra inician un proxecto de compostaxe en 100 vivendas unifamiliares do Municipio.

Os días 7 e 8 do mes de maio, da comezo o programa de implantación da compostaxe doméstica, en vivendas unifamiliares do concello de O Grove (Pontevedra), que conta co financiamento do propio Concello, e a execución Técnica de Amigos da Terra.

O proxecto iniciarase cunha reunión informativa dá execución do proxecto e tamén formativa acerca do proceso de compostaxe coas partes implicadas no proxecto e as familias participantes previamente seleccionadas.

Dita reunión terá lugar na casa da Cultura de O Grove, en dúas sesións, o xoves día7 ás 20,00h e o venres día 8 ás 20:00 horas. Trala formación efectuarase o reparto de material, e os participantes asinarán un contrato de aceptación das condicións do proxecto.

O obxectivo do proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un abono de calidade, e concienciar aos cidadáns acerca da problemática asociada aos residuos. Para iso repartirase un composteiro de 400 litros a cada familia. Así mesmo, proveráselles dun manual para coñecer máis do proceso e de asesoramento técnico a domicilio e por teléfono, por parte dos monitores de Amigos da Terra.

A difusión do proxecto entre os cidadáns, así como a selección dos beneficiarios, estivo a cargo do Concello de O Grove . Os requisitos para participar incluían o habitar unha vivenda unifamiliar con parcela anexa cultivada , a concienciación ambiental e o número de habitantes da vivenda. Finalmente, escolleronse 100 familias participantes que cumprían estes requisitos.

Unha vez se inicie o proceso nas vivendas, realizaranse tres visitas nos domicilios dos participantes, así como algunha visita extra si fora solicitada, para resolver dúbidas e recoller datos relativos á evolución do proxecto. Por último, transcorridos oito meses se extraerán mostras para ser analizadas , demostrando así a viabilidade do proceso e a calidade do produto obtido.