Amigos da Terra lembra que hoxe é o Día Internacional de Concienciación sobre o problema do ruido.
O ruido mata, impide o libre exercicio de dereitos fundamentais, afecta ás relacións familiares, sociais e diminúe o rendemento escolar e laboral.
Son centos de miles os cidadáns que masivamente son forzados a soportar ruidos dende 80 a 100 dB (os afectados por ruidos de aeroportos, por grandes redes viarias ou por zonas de movida das cidades onde habitan).
A ampliación da pista de Barajas, por exemplo, aumentou o número de afectados privando aos mesmos dos seus dereitos á intimidade e á saúde.
Estudos realizados en Francia, Dinamarca e o Reino Unido xa ligan directamente o ruído a enfermedades cardiovasculares e infartos. O ruido provoca subidas de tensión arterial, incluso cando o afectado non se esperta. A Organización Mundial da Saúde no 2006 concluíu que a exposición a longo prazo ou permanente a ruidos como tráfico, sereas ou outras fontes, son os responsables de, aproximadamente, o 3% dos ataques cardíacos.
No traballo “Ruido, tráfico e saúde”, realizado por Julio Díaz, da Escola Nacional de Sanidade do Instituto de Saúde Carlos III, conclúese que por cada decibelio por enriba de 65 dB aumentan os ingresos hospitalarios nun 5,3%, especialmente por causas cardiovasculares.
Dende Amigos da Terra facemos unha chamada aos cidadáns e aos poderes públicos para que poñan os medios para acabar con esta lacra que afecta a un gran número de cidadáns.
Denunciamos que a Lei do Ruido non responde ao principio de cautela e busca máis medir que solucionar o problema; que os Mapas de Ruido buscan máis disimular os problemas que detectalos; que cada comunidade autónoma pode tomar medidas normativas diferentes sen que o Estado asegure uns mínimos de protección dos afectados.
As grandes infraestruturas nacen sen incluirse medidas para minimizar os efectos do ruido ou modelo de ocio en España (grandes concentracións de locais nocturnos en zonas de vivenda, horarios incompatibles co descando, permisividade perante actividades sen licenza, ausencia dos principios de cautela e prevención, a conciencia clara de que hai que poñer fin, permisividade do botellón etc.), son algúns exemplos da calidade de vida e medio ambiente á que se ve sometido o cidadán.
O principio Quen contamina, enriquécese tópase de fronte co principio Quen contamina, paga; o propio Estado é o primeiro contaminante ao non respectar as normas nas obras públicas e ao non tomar as medidas para minimizar o ruido en grandes infraestruturas e non dar fácil ou libre acceso á información medioambiental dos proxectos.
Hoxe, día internacional do ruido, esiximos un troco de actitude nos gobernantes e administracións, o ruido mata, empeora doenzas existentes e baixa a inmunidade, os nenos e nenas e anciáns son os máis afectados. Fai falta valentía política e unha forte conciencia medioambiental para tomar medidas valentes que acaben con esta lacra. España é o segundo país máis ruidoso do mundo, agochándose baixo a escusa de que é un problema “cultural”.
Enlace a Juristas contra el ruido
Enlace a Plataforma estatal contra el ruido