O 17 de abril saiu a información pública o borrador da ordenanza reguladora da canceira municipal e do servizo de recollida, transporte e custodia de cans e outros animais domésticos no concello do Carballiño.
O prazo para a presentación de alegacións remata o 23 de maio e estas deben enviarse ao concello carballinés que deberá estudialas e incorporalas ao borrador se o estima conveniente. En todo caso, todos aqueles que presenten alegacións, deben recibir contestación por parte desta administración local.
Amigos da Terra está elaborando as alegacións que enviará ao concello por considerar que o borrador da Ordenanza debe regular moitos máis aspectos do que ésta inicialmente presenta, co fin de dar unha mellor cobertura ao amparo e tutela dos animais.
Logo do recentemente acontecido na canceira e denunciado por varios grupos ecoloxistas, Amigos da Terra entre eles, da incorrecta xestión das instalacións municipais que albergan aos cans, dun lado, e doutro, polo amplo descenso dos animais cuio destino foi supostamente a fosa atopada por membros das organizacións, o contido da proposta da Ordenanza non alcanza os principios mínimos de tutela axeitada para os cans, é dicir, segue a faltar un dato clave como é a concienciación e sensibilidade do edil municipal propondo esta normativa.
Fonte: Amigos da Terra. Instalacións canceira. Novembro 2008

Fonte: Amigos da Terra. Fosa da canceira. Marzo 2009
Por iso é moi importante a participación de todos e todas á hora de presentar o maior número de alegacións para premer ao concello do Carballiño a que redacte unha norma que realmente reflexe o sentir maioritario da cidadanía, que na actualidade presenta un grado alto de concienciación de cara á protección dos animais.