Aumentar a nosa base social permítenos unha maior independencia e estabilidade para poder chegar a máis xente, realizar máis actividades e destinar fondos a proxectos propios nos nosos territorios. En definitiva, axúdanos a estar máis presentes e defender de forma máis efectiva a xustiza eco-social.
Ao facerte socia poderás participar nas diferentes campañas de presión e sensibilización, ter oportunidades de formación nosa e da nosa rede internacional, recibir gratuitamente información das nosas actividades e terás voz e voto para decidir o futuro da túa asociación.
Escolle a cota que mellor se adapte a ti:
- Normal (40 €/ano)
- Reducida (20 €/ano para menores de 20 anos, persoas desempregadas e xubiladas)
- Benfeitora (establece a túa propia cantidade con un mínimo de 40 €/ano).
E recorda que se fas a declaración da renda podes desgravar un 80%. Deste xeito, cada pequena contribución terá un grande impacto!
Ver máis: PDF Desgravación Facenda
Informámoslle que de conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal e o seu reglamento de desenvolvemento, os seus datos de Carácter Persoal, son incluídos en ficheiros titularidade desta entidade coa finalidade de xestionar correctamente a súa solicitude de información.