Amigos da Terra estará mañá venres, de 18.00h a 20.00h na rúa Saez Díez (Diante do centro Comercial PonteVella) coa súa Campaña “Di Non ás Bolsas de Plástico”, unha iniciativa conxunta de todos os grupos locais, e que se levará a cabo ao mesmo tempo en todos os puntos de España onde Amigos da Terra ten presenza.

O obxectivo da mesma, é mobilizar á cidadanía e presionar aos líderes políticos para que se aprobe unha lei que regule a produción e distribución de bolsas de plástico.
De este modo, recolleremos sinaturas que posteriormente enviaremos ao Ministerio de Medio Ambiente, ensinaremos á xente a crear a súa propia bolsa de tea, mostraremos as bolsas que consume unha persoa galega nun ano, daremos alternativas ao plástico e tamén contaremos cun fotomatón contra as bolsas, onde todo el que queira, poderá inmortalizar o seu compromiso a non utilizar bolsas de plástico.

Asina contra as bolsas de plástico.

Un grave perigo para o medio ambiente

As bolsas de plástico terminan converténdose nun grave perigo para o medio ambiente. A súa vida útil é moi breve, uns 15 minutos, e a súa reutilización non é ningunha solución, xa que son moi fráxiles e acaban por romper de inmediato. Ademais, só se recicla un 10 % do total de plásticos e ao chegar aos vertedoiros, e non tratarse dun material biodegradable, as bolsas permanecen na natureza ata a súa descomposición, logo de 500 anos.

Moitos países xa tomaron medidas para evitar o malgasto e a contaminación ocasionada polas bolsas de plástico en mares, ríos, bosques e cidades de todo o planeta. Francia, Irlanda, Bangladesh e China son algúns dos países que predican co exemplo, implantando a solución que consideran máis adecuada para evitar as bolsas de plástico.

As bolsas de tea ou os carriños da compra son as mellores solucións para substituír o plástico, con todo as bolsas biodegradables máis que solucionar o problema, dan lugar a outro” declara María Durán, responsable da área de residuos de Amigos da Terra.

Usar e tirar parece ser o novo modelo de vida asumido polas empresas e pola maior parte da poboación. Isto non é compatible cunha vida respectuosa co medio ambiente e coas persoas que o conforman. As bolsas biodegradables fomentarían os monocultivos e utilizarían alimentos de consumo humano na fabricación de bolsas que, ademais, non estarían preparadas para a súa reutilización.

Desde Amigos da Terra anímase a todos os interesados a involucrarse na campaña deixando de usar bolsas de plástico. A nosa sociedade necesita unha conciencia medio ambiental que lle posibilite responsabilizarse das súas accións para mellorar a vida de todos os cidadáns.