O sábado,14 de febreiro, celebramos a Asemblea Xeral de Amigos da Terra. Esta xornada serviu para facer balance do traballo feito durante o 2008 na asociación, para presentar aos socios e socias a memoria de xestión e actividades, así como a aprobación dos novos plans de traballo.

Logo dunha revisión das liñas de acción levadas a cabo segundo o Plan Estratéxico da asociación, concluímos cunha valoración positiva desta primeira fase de implementación. Tivemos espazo para o debate e se elixiron novas liñas estratéxicas a seguir neste próximo ano.

Queremos dar as grazas a todos os socios e socias que participaron no encontro e os/as que fixeron as súas aportacións, así como aos membros do equipo técnico que colaboraron na organización e participaron activamente. É imprescindible a opinión de todos e todas para seguir construíndo unha asociación na que nos sigamos sentindo identificados/as.