_ Percorrido.- 13 quilómetros ida
_ Dificultade.- media baixa
_ Saída A Ponte (a carón da máquina do tren) ás 10:00 horas
Prezo 5 euros (xantar, sorteo de agasallos ao remate da andaina, árbores para o monte calcinado no verán de 2015 de Santa Comba)
Percorrido: A Ponte a carón da máquina do tren-O Tinteiro-Pozo do Muiño-Eirasvedras-A Conchada-Penedo do Falán-Santa Comba de Naves-Naves-Palmés-A Conchada- (Volta a Ourense bus urbano ou camiñando)
A andaina-roteiro interpretativo ten como fin dar a coñecer a fraga mellor conservada que hai no Concello de Ourense, nas súas máis de 500 hectáreas pódense observar ecosistemas forestais atlánticos e mediterráneos; árbores centenarias, grandes rochedos, corredoiras medievais, conxuntos etnográficos-culturais de gran valor, miradoiros da bocarribeira do Miño e de Ourense cidade, mosteiro de Santa Comba (fundado no ano 888)… Fraga e patrimonio cultural esquecido e en lamentable estado de abandono que precisa da súa posta en valor, conservación e protección.
“NON SE VALORA O QUE NON SE COÑECE”

Na Conchada remataremos a andaina visitando o Museo Etnográfico do Elias, e xantaremos para coller folgos para o camiño de volta.
Xogo de orientación-pistas-comunicación, con agasallos ao remate do roteiro.
ORGANIZA: Plataforma Ríos Limpos, Asociación Vía Vella de Ponte Canedo. COLABORAN: Vía Auria, Amigos da Terra, Comunidade de Montes de Santa Comba de Naves e contamos coa colaboración especial dos veciños e veciñas de A Conchada e Palmés.
Inscripición e Tnos. de contacto.- 988 374318, 657 185348

Leave A Comment