Mesa redonda: “Análise cientifíca e ecoloxista despois da COP”. Vigo

Cargando eventos

Amigos da terra en colaboración ca Delegación de alumnos da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo organizan unha mesa redonda onde a comunidade científica e os movementos ecoloxistas exporán a sua visión sobre o acordo de París.

O decano da Facultade de Bioloxía, Jesús M. Míguez, será o encargado de presentar a mesa redonda onde a comunidade científica e os movementos ecoloxístas exporán a súa visión sobre o acordo de París. Esta contará ca participación de:

Xavier Labandeira, Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e membro do Grupo Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC). Aportará a valoración se fai a nivel científico do acordo de París tras a súa aprobación.

Antón Lois Estevez, activista de Amigos da Terra. Aportará a visión dos movementos ecoloxistas así como as evidencias que existen do cambio climático non só a nivel global, especialmente visibles nos países máis empobrecidos senon a nivel local, en Galicia.

Bran López Luengo, activista de Amigos da Terra. Compartirá a sua experiencia na COP21 como foi a súa participación nas distintas actividades que se levaron a cabo xunto a outros varios de miles dun enorme e variado crisol de movementos sociais, en mobilizacións e accións de rúa que deron voz á xente de todo o mundo.

Finalmente, entre todas as persoas asistentes abrirase un debate sobre os resultados do cumio e as alternativas posibles que pode impulsar a cidadanía.

160204 MesaCC Vigo

Leave A Comment

Go to Top