Amigos da Terra participa no Consello Galego de Acción Voluntaria como entidade de medio ambiente, un órgano que levaba sen reunirse dende marzo de 2013. Presidido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado este órgano serve no eido do voluntariado para asesorar e informar e sobretodo para servir de punto de encontro entre as administracións e as entidades. Neste novo Consello presentarase a avaliación do III Plan galego de acción voluntaria (2011-2014) e sometarase a aprobación a nova estratexia de Acción Voluntaria (2015-2018). Así como informar sobre a planificación da dirección xeral no vindeiro 2016.
Este evento pasou.
Leave A Comment