Fase práctica do curso de poda en Xaviña – Camariñas

Cargando eventos

2015 16 Cartaz inscricion curso poda Camarinhas
Hoxe, nos xardíns da Rectoral de Xaviña, terá lugar a fase práctica do curso de poda que Amigos da Terra está a desenvolver en colaboración co Concello de Camariñas.

A formación, que terá unha duración de 3 horas, permitirá a posta en práctica dos contidos teóricos tratados na xuntanza da pasada semana, e que abarcaron nocións básicas de ciruxía arbórea, os mellores tipos de poda a aplicar nas diferentes especies froiteiras, así como as épocas idóneas para realizalas.

As prácticas levaranse a cabo en horario de mañá, entre as 10:30 e as 13:30.

Leave A Comment

Go to Top