
O 30 de novembro, as/os líderes mundiais reúnense en París para comenzar a negociar o próximo acordo global sobre o clima. É por iso que, o día antes, xente de todos os lugares do planeta vai saír á rúa a presionar as/aos súas/seus líderes en todas as instancias do goberno para que se comprometan a usar enerxías 100% limpas. Xuntas, podemos impulsar un acordo climático para todo o mundo, que faga que abandonemos as enerxías contaminantes e demos paso ás enerxías limpas.
Amigos da Terra convídavos a participar nunha xornada adicada á loita contra o cambio climático. Entre as 11:30 e as 13:30 haberá unha mesa informativa sobre a COP21 e o que se quere conseguir en París; tamén realizaremos un Obradoiro de muíños de vento de papel no parque da Alameda, no palco de música en caso de que chova. Nos muíños escribiremos as nosas peticións de cara a COP21 e colocaremos autocolantes de neón que permitan velos na escuridade.
Ás 19:00 horas xuntarémonos na Praza Maior, xente con muíños de vento elaborados esa mañá e o día anterior, disfraces de placas solares, persoas en bicicleta portando cestas con luces solares led de cores e, amenizado todo con percusión variada, camiñaremos ata o punto central da Ponte Romana, e alí deixaremos que o vento leve as nosas peticións ata París.

Pero non só en Ourense, senón en outras vilas e cidades galegas, levaranse a cabo actos de todo tipo. Si queredes saber cal ten lugar máis preto de vos, apuntarvos ou, incluso, organizar un podedes
buscar aqui
Este evento é parte da Marcha Mundial polo Clima. Fagamos historia!

Leave A Comment