Tres eurodeputados do Parlamento presentan, ante a citada institución, a “Declaración sobre el bienestar de los animales de compañía y los animales abandonados”.

Mediante esta Declaración, solicítanse unha serie de medidas coa finalidade de crear unha norma de ámbito europeo de protección dos animais de compañía e dos animais abandonados.

Os puntos que recolle a Declaración, son os seguintes:

“A. Considerando que non existe un texto uniforme nin específico sobre a protección dos animais de compañía e os animais abandonados que se aplique a todos os Estados membros,

B. Considerando que o Convenio europeo para a protección dos animais de compañía é incompleto e non foi firmado por todos os Estados membros,

C. Considerando que en moitos Estados membros danse aínda casos de maltrato de animais de compañía e animais abandonados,

1. Pide á UE que introduza medidas para garantir que os Estados membros impoñan penas severas ás personas que abandonen ou maltraten a un animal de compañía ou abandoado, e que faga que os Estados membros establezan un sistema de xestión a escala nacional para a súa recollida, esterilización e vacina;

2. Pide á Comisión e ao Consello que insten aos Estados membros a asinar o Convenio Europeo para a Protección dos Animais de Compañía e adoptar as novas medidas;

3. Pide á Comisión e ao Consello que se sancione a todo Estado membro que non se    axuste ao mencionado Convenio e ás novas medidas por adoptar;

4.Encarga ao seu Presidente que transmita a presente Declaración, acompañada do nome dos asinantes, aos Parlamentos dos Estados membros, ao Consello e á Comisión”.

A realidade actual é que na sociedade continúan as agresións aos animais e algunhas delas, coma o caso do matrimonio de Lugo que deixou morrer de fame e de sede ao seu can fai uns días, (consulta a nova aquí) comezan a non quedar impunes pola barbarie que supoñen e porque diferentes sectores sociais, como Amigos da Terra e outros colectivos e persoas anónimas, premen á Administración para que este tipo de feitos se sancionen tal e como corresponde.

Os castigos que se impoñan aos maltratadores e aos que abandonan aos animais, deben ser moi severos para dar exemplo de como se sanciona e castiga algo que constitúe un feito que é ilegal e moralmente inaceptable.

Amigos da Terra felicita aos eurodeputados por esta iniciativa e espera que sexa ben acollida polo Parlamento Europeo.
Que podes facer ti? Envía un mail a todos/as os eurodeputados da listaxe solicitando se acollan á Declaración. Preme aquí