
Amigos da Terra xunto con outras ONGs e colectivos, convocou para o venres 23 de xaneiro ás 20:30 horas, unha manifestación fronte á Subdelegación do Goberno ata a praza do Concello de Ourense. Así mesmo, de 16 a 20 horas, na Casa da Xuventude proxectaranse vídeos e curtametraxes sobre o tema e colocarase un mural para que a xente escriba as súas impresións sobre este conflito.