XIII campaña: Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore,

Cargando eventos

axuda_a_vivir_02_copy

Amigos da Terra xunto co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e coa colaboración de Voz Natura vai a levar a cabo, por decimoterceiro ano consecutivo na cidade de Ourense, a campaña: Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore, que acadou o ano pasado unha participación de 176 persoas.

A iniciativa terá lugar entre os días 15 e 19 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: mellorar a información das/os cidadás/ns sobre a doazón de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, así como espertar unha certa sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente.

Durante os cinco días nos que se desenvolverá esta iniciativa, voluntariado de Amigos da Terra distribuirá información sobre a doazón de sangue e ofrecerase aos doadores e doadoras a posibilidade de plantar unha árbore por cada doazón que se rexistre.

Se queres colaborar nesta campaña envía un correo a voluntariado.galicia@amigasdaterra.net

Localización : diferentes barrios da cidade de Ourense, en horario de mañá e tarde

Contacto : Amigos da Terra – Ángel Dorrío, 988 374 318

Para máis información da campaña e ver resultados dos anos pasados: Campaña do 2011

Campaña de 2012

Leave A Comment

Go to Top