Co gallo da conmemoración do día Mundial das Aves, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, querémosvos convidar á realizar unha saída polas ribeiras do río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense.
O vindeiro sábado 6 de outubro realizarase unha actividade de observación de aves dende o lugar de “O Tinteiro”, situado na beira dereita do río Miño en Ourense.
Ensinarase como utilizar prismáticos e telescopios, a identificación das aves e observaranse aquelas mais típicas da contorna do río Miño.
O horario da actividade é de 10:00 a 14:00
Recordade que debedes levar un calzado adecuado para camiñar, roupa de abrigo e/ou de choiva, auga e se queredes tamen a vosa cámara de fotos.
En resumo e para que vos quede ben clariño:
Data da saída: sábado 6 de outubro
Percorrido: polas ribeiras do Miño, dende o Tinteiro, na cidade de Ourense
Hora de saída: 10:00 horas
Tempo estimado: unhas catro horas, ata as 14:00 horas
Contacto: no correo voluntariado.galicia@amigasdaterra.net ou no 988 374 318 preguntando por Dorrío

Leave A Comment