Amigos da Terra convídate a participar nunha nova actividade no marco da campaña Alimentos Quilométricos; nesta ocasión contaremos coa inestimable presenza de César Lema, autor do libro Panadería Ecolóxica. Pan na casa, que nos ensinará, de xeito práctico, como facer o noso propio pan na casa.
Si o tempo acompaña, e Lorenzo nos ilumina coa súa presenza, coceremos os pans que fagamos nun forno solar que colocaremos na terraza do local, que xa de paso aproveitaremos para despedir.
Si queredes facer o voso propio pan teredes que traer: medio quilo de fariña integral bio, un bol, que non sexa de plástico, de 2 litros ou máis de capacidade e un par de panos para tapar a masa mentres leveda.
O horario previsto é de 17:00 a 21:00 horas
Coa colaboración de: 

Leave A Comment