Únete ao enxamio que percorrerá Compostela este domingo 10 de xuño contra as fumigacións!
A Plataforma contra as fumigacións, da que Amigos da Terra forma parte, vai defender un país sen pesticidas este domingo nas rúas de Compostela. As voces de abelleiras/os, labregas/os, ecoloxistas, e máis de 40 organizacións sociais de todo o país van crear un zunido imposible de calar!
A Xunta de Galicia terá que escoitar o clamor en contra dunhas fumigacións que van contra o sentido común, contra as leis e, o que é máis importante, contra o futuro da agricultura, dos ecosistemas e da saúde de milleiros de galegas e galegos que viven nas decenas de puntos que xa están marcados no mapa militar desta guerra contra a nosa soberanía alimentar e para maior gloria da auténtica praga: o eucalipto!

Leave A Comment