ConTenedores

Cargando eventos

Estádes convidadas e convidados a participar en ConTenedores unha paparota colectiva, autoxestionada e gratuíta.

Abre ben os ollos e sigue lendo:

Porque xa estamos fartas e fartos de escoitar falar da crise e de que as recetas para superala sexan consumir máis e máis, este sábado  coñeceremos algúns proxectos que xa están en marcha polo mundo adiante para loitar contra este modelo de consumo desmesurado.

Organizaremos comandos de recollida de comida nos contedores próximos a supermercados, panaderías e froiterías e rescataremos todas os alimentos que poidamos levándoos ata o local. Unha vez alí prepararemos, cociñaremos e comeremos a comida liberada partillando a experiencia e os manxares, con todas as persoas que se acheguen ata o local.

ConTenedores é unha iniciativa que persegue a visibilización do malgasto dunha sociedade como a europea, que acaba descartando a metade de todos os alimentos que produce, mentres case 1000 millóns de persoas non teñen o suficiente para comer e 25.000 individuos morren de fame cada día.

Hora: 19:00 horas

Leave A Comment

Go to Top