Nesta xornada de folga xeral que Amigos da Terra secunda, convidámosvos a unha xornada completiña á que poderedes unirvos pola mañá, pola tarde ou todo o día:
- ás 12:00 horas no Pabillón dos Remedios (xunto á Ponte Romana) para participar na manifestación de apoio á folga, logo do paseiño as/os que se animen, iremos comer, o que traiamos xa preparado da casa, ata o entorno do Barbaña, nunha especie de picnic urbán
- ás 16:30 na entrada do Polvorín (debaixo da ponte de Marcelo Macías) para ir avanzando nos traballos de limpeza da finca que será a nosa futura horta comunitaria.
Algunhas fotiños en: http://bit.ly/GSVA72

Leave A Comment