Obradoiro de fornos solares e xuntanza de voluntariado

Cargando eventos

Mediante o arranxo e reconstrución dun dos sufridos fornos solares da asociación, aprenderemos como facer o noso propio forno caseiro: pasos a seguir, materiais a utilizar e interesantes truquillos para optimizar o seu uso.

E, aproveitando a quedada, faremos unha xuntanza de voluntariado na que exploraremos as diferentes iniciativas nas que podedes participar e tentaremos definir entre todas as persoas socias, voluntarias e colaboradoras cales son as temáticas, actividades, proxectos ou obradoiros que máis vos apetecería traballar no suroeste galego.

Leave A Comment

Go to Top