Este venres 23 de setembro faremos un obradoiro práctico de compostaxe, falaremos da problemática do lixo orgánico en Galicia e da Compostaxe como a mellor das alternativas.
Trataremos detalladamente os pasos necesarios para facer compost e as variadas técnicas e tipos que podemos atopar, non só de forma teórica senón tamén mediante a realización de distintos obradoiros, nos que visualizaremos as fases do proceso e elaboraremos un composteiro artesán.
Animádevos a participar, será educativo e coñeceredes dun xeito entretido, unha alternativa para frear a problemática do lixo.
Esperámosvos o venres 23 ás 18:00 horas no local de Amigos da Terra en Vigo (Rúa Policarpo Sanz, nº 17 1º D)
A xornada e gratuíta, se queredes apuntarvos o mais información contactade con nós no telefono 988125 171 ou ben no correo: residuos@amigasdaterra.net

Leave A Comment