
A Rede Galicia Non Se Vende, da que forma parte Amigos da Terra, apoia á Coordenadora en Defensa da Ría de Muros e Noia que convoca unha manifestación en Muros baixo o lema “COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA”.
O percurso reivindicativo partirá ás 12h dende do porto de Muros e rematará tras a lectura do manifesto cunha xornada de convivio e lecer. Facemos un chamado a todas as organizacións sociais sensibilizadas coa problemática do mar e do litoral para acudir a Muros este vindeiro domingo e reivindicar conxuntamente un futuro sustentábel para as nosas rías.

Leave A Comment