Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, dende Amigos da Terra levaremos a cabo dúas actividades:
Na cidade de Ourense, organizaremos o sábado, 4 de xuño, unha Xornada de Educación Ambiental, na que coñeceremos os mecanismos que temos a nosa disposición para facer fronte a unha agresión ambiental, e que se completará cunha ecovixía polo río Lonia, para coñecer o estado ecolóxico do mesmo e o seu contorno. A xornada dará comezo ás 10.00 horas na Aula da Natureza do río Miño en Oira, rematando a actividade ás 14.00 horas.
E na cidade de Vigo, organizaremos para o domingo, 5 de xuño, unha ecovixía polo río Lagares, para observar o seu estado ante as continuas agresións ambientais que está a sufrir. A ruta dará comezo ás 11.00 horas, dende o Pazo Quiñones de León, rematando a actividade ás 18.00 horas.
Para participar en calquera das dúas saídas precisaredes levar comida-picnic,auga, calzado cómodo, e tamén recomendámosvos levar prismáticos,cámara de fotos, caderno de campo e lapis.
Animárvos e apuntárvos a festexar este día connosco!
Para máis información e inscricións poñervos en contacto nos enderezos electrónicos:
voluntariado.galicia@amigasdaterra.net e info@amigasdaterra.net,
ou nos teléfonos: 988 374 318 / 986 125 171
Data límite de inscrición: venres, 3 de xuño ás 14.00 horas.

Leave A Comment