O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, do que forma parte Amigos da Terra, segue realizando actividades por unha protección efectiva da serra. Este sábado haberá unha xuntanza de escaladores: o Grupo de Montaña Alud, o Club de montaña e escalada AZIMUT, o Local social Faísca, Montañeiros Celtas, a Federación Galega de Montañismo e a Plataforma “Pola Protección da Serra do Galiñeiro”.
Horario da actividade:
9:30-20:00h.: Inscripcións na xuntanza.
10:00-20:00h.: Competicións de escalada.
11:00-18:00h.: Curso de iniciación á escalada.
17:00-19:30h.: Roteiro divulgativo pola Crista do Galiñeiro. 21:00-23:00h.: Cea gastronómica.
22:30 h.: Entrega de premios e agasallos.
23:00 h.: Festa.
As inscripcións na competición custan 13 euros mais para participar no curso de iniciación á escalada e no roteiro non é necesario inscribirse.

Leave A Comment