Estimados compañeiros/as queremos convidarvos a que asistades á convocatoria que estamos levando a cabo desde a Coordinadora Galega de ONGD da que forma parte Amigos da Terra, no encontro que terá como asistentes aos candidatos dos partidos políticos da cidade de Ourense onde o publico será o protagonista xa que poderán facerlles as preguntas que consideren en relación aos temas de solidariedade e cooperación e medio ambiente.
En Ourense: este xoves 5 de maio ás 19h. no Ateneo de Ourense (r/. Curros Enríquez, 1).
Esperando contar coa vosa participación!

Leave A Comment