Andaina reivindicativa río Barbaña

Cargando eventos

EU_copy

A Plataforma Río Limpos nace da conciencia cidadá de promover condutas respectuosas co medio ambiente en xeral e coa protección do río Barbaña, en particular.


Son moitas as verteduras que de xeito reiterado acaecen neste río desde o concello de San Cibrao das Viñas ata a chegada daquel ao río Miño. A falta dunha resposta fundada das administracións competentes para pór freo a esta situación, mobiliza aos veciños e veciñas de Ourense, que Amigos da Terra apoia, e convidan a esta Andaina Reivindicativa pola defensa e recuperación do río Barbaña este sábado ás 10.30h desde a Praza de Abastos.

Leave A Comment

Go to Top