Con esta xornada Amigos da Terra pretende promover unha reflexión crítica sobre usos do monte, achegando ferramentas, experiencias e vías de comunicación e formación, para a capacitación dos axentes implicados.
Lugar: Centro de As Corcerizas, Serra San Mamede (Ou)
Destinatarios/as: proprietarios/as e xestores/as de CMMC, concellos, asociacións vinculadas ao medio rural, público xeral.
Así mesmo, dentro da xornada está prevista a presentación da Guía para propietarios de terreos eólicos que editou a Fundación Juana de Vega co obxecto de reducir a asimetría de información entre as partes implicadas e mellorar os procesos de negociación.

Leave A Comment