Polo Nadal protexe o medio ambiente coa lei na man

Cargando eventos

nadalA asesoría xurídica de Amigos da Terra volve a estar en Vigo os días 3 e 4 de xaneiro.

O medio ambiente é un ben común e colectivo, cunha gran fraxilidade e difícil reparabilidade, que esixe a intervención de todos e todas para a súa conservación. Trátase por elo dun sector especialmente sensible á necesidade e valor da participación social. A sociedade atopa nos problemas ambientais ameazas serias para a súa saúde e a súa supervivencia asumindo a posibilidade de introducir reformas ou cambios institucionais capaces de enfrontar os devanditos riscos.

 

Queres asesorarte sobre como facer unha denuncia ambiental, cando e onde presentala e que repercusións terá? Queres aprender a facer alegacións para poder opinar sobre os proxectos das administracións?

Achégate ao local de Amigos da Terra – Agareso en Policarpo Sanz, 17, 1 D en Vigo e contarémosvos como protexer o medio ambiente dun xeito efectivo e gratuíto!

Como contactar: xuridico@amigasdaterra.net e no 986.125.171

Horario: de 8.30 a 14.30 e de 16.30 a 19.30h

Leave A Comment

Go to Top